CRTVG

Buscar

A Xunta triplica o seu apoio ao Marisquiño

Publicado o 16/07/2019 14:14

A Xunta apoiará este ano a celebración do Marisquiño en Vigo con 121.000 euros, o triplo ca a pasada edición. Unha cantidade coa que queren demostrar o seu compromiso para manter este evento en Galicia.

O director do Marisquiño destacou que se senten satisfeitos xa que todas as administracións mantiveron o seu apoio nesta edición e tamén a maior parte dos patrocinadores privados despois do accidente de 2018.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/07/2019