CRTVG

Buscar

A Xunta trasládalles ás confrarías o seu plan para mellorar a calidade da auga

Publicado o 25/11/2019 15:18

A Xunta pide que os concellos e as deputacións se impliquen máis para construír as depuradores pendentes e tamén no mantemento profesionalizado das existentes.

As conselleiras do Mar e de Infraestruturas reuníronse con representantes da Federación Galega de Confrarías de Pescadores para falar da mellora da calidade das augas. Ethel Vázquez dixo que na última década investiron 1.100 millóns de euros en infraestruturas hidráulicas. A Xunta traballa agora en por a disposición dos concellos un ente para profesionalizar a xestión e o mantemento.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas: "Estamos a traballar para poñer a disposición dos concellos, que son os que teñen as competencias, un novo ente para a xestión do ciclo integral da auga, manter e explotar correctamente as infraestruturas de depuración e conseguir unha mellora da calidade das augas".

José Antonio Pérez Sieira, presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores: "Quedamos moi agradecidos que se vaian facendo as actuacións porque vai mellorar a calidade das augas. É o futuro dos nosos mariñeiros, do sector do marisqueo".

Noticias web

25/11/2019