CRTVG

Buscar

A Xunta traslada ao Goberno a súa queixa por deixar a xestión da pandemia en mans dos tribunais

Publicado o 05/05/2021 16:08

Esta tarde hai reunión do Consello Interterritorial de Saúde para analizar como xestionarán as comunidades a pandemia a partir do domingo, xa sen estado de alarma.

A Xunta acode a esa reunión cunha queixa clara: lamentan que o Goberno central deixe as decisións sanitarias en mans dos tribunais de xustiza.