CRTVG

Buscar

A Xunta suspende as visitas a seis residencias, ademais das da área da Coruña

Publicado o 07/08/2020 21:52
A Xunta suspende as visitas a seis residencias, ademais das da área da Coruña

Ademais de na área sanitaria da Coruña, a Xunta suspende tamén as visitas a seis residencias de maiores de Ourense, Vigo e Pontevedra.

En Ourense aféctalles ás residencias de Chandrexa de Queixa, Beariz, Baños de Molgas e Avión.

Na provincia de Pontevedra, ás de Caldas e San Pedro de Crecente.

Nas áreas sanitarias de Lugo, Santiago e Ferrol mantéñense as visitas ás residencias sen restricións, polo menos polo momento.



 

Noticias web

07/08/2020