A Xunta sufragará o 'seguro covid' para animar o turismo
Publicado o 19/12/2020 14:23
Entre marzo e abril podería estar vixente xa o seguro covid para turistas que a Administración galega custeará cun millón douscentos mil euros para garantir que calquera turista que se achegue o vindeiro ano a Galicia non teña que asumir os custos no hipotético caso de que a covid-19 o infecte ou o deixe en corentena.
O vicepresidente primeiro da Xunta participou en Vigo na presentación da iluminación co logo do Xacobeo e a frecha do Camiño de 91 edificios e monumentos en lugares vencellados ao Camiño por toda España desde o vindeiro martes. Rueda criticou que Vigo é a única cidade de Europa en que non está sinalizado o Camiño de Santiago.