CRTVG

Buscar

A Xunta solicita medidas para evitar que a frota galega abandone os caladoiros británicos

Publicado o 31/10/2019 15:08

Con 1.700 persoas e 150 buques galegos en augas británicas, a pesca é un dos sectores que máis preocupa. De aí que a Xunta lle vaia pedir ao Goberno central medidas para evitar que teñan que abandonar os caladoiros, que negocie un fondo específico para compensar a frota no caso de brexit duro e que aprobe un real decreto para fixar as condicións de importación de produtos do mar.

E xa para todas as actividades económicas, a Xunta ampliará os servizos de asesoramento ás empresas galegas na oficina que o Igape ten no Reino Unido e prevén poñer en marcha un cheque brexit para cubrir gastos derivados da saída dese país da Unión.

Outra das medidas que vai tomar Galicia é intensificar as campañas de promoción do Camiño de Santiago, dirixidas ao mercado británico a través de feiras internacionais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019