CRTVG

Buscar

A Xunta solicita a convocatoria urxente para evitar o peche da factoría de Gamesa nas Somozas

Publicado o 16/02/2021 21:18

A Xunta pide a convocatoria urxente da mesa industrial para avaliar alternativas ao peche da factoría de Siemens Gamesa nas Somozas.

Así llo trasmitiron o vicepresidente Económico e mais a conselleira de Empregro ao comité de empresa, co que se reuniron esta tarde. Conde e Lorenzana enviáronlle hoxe a petición á ministra de Traballo e á de Industria. Xa a semana pasada solicitaran a súa colaboración, pero non recibiron resposta.

A Xunta defende que o Ministerio de Traballo advirta a Siemens da súa obriga de buscar alternativas para evitar o despedimento dos 215 traballadores.

Noticias web

16/02/2021