A Xunta rexeita o traslado do centro de Naturgy da Coruña e pídelle "compromiso" co emprego
Publicado o 05/04/2021 17:25
O Goberno galego rexeita o traslado do centro de operacións que a eléctrica Naturgy ten na Coruña. Un traslado que afectaría unha trintena de traballadores de Galicia a Madrid.
Francisco Conde agarda que o compromiso de Naturgy con Galicia se concrete e se poida resolver a situación na mesa de negociación entre a compañía e o comité de empresa.