CRTVG

Buscar

A Xunta revisará máis de 1.500 pontes e viadutos para garantir o seu mantemento

Publicado o 20/05/2019 10:54
A Xunta revisará máis de 1.500 pontes e viadutos para garantir o seu mantemento

A Xunta destinará preto de 1,5 millóns de euros para realizar máis de 1.600 inspeccións de pontes e obras de paso durante o próximos cinco anos.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, informou de que o estado das pontes galegas "é bo", pero realizaranse estes traballos para garantir o seu mantemento.

Así, publicouse este luns a licitación á que se poden presentar ofertas ata o 17 de xuño. O contrato é de tres anos, prorrogable outros dous máis. Persoal e técnicos especialistas e con experiencia revisarán case a totalidade dos 170 quilómetros de pontes que hai nos 5.500 quilómetros de estradas autonómicas.

Infraestruturas realiza tres tipos de revisións nas pontes, unha de tipo rutineiro (cada 15-18 meses), outra en profundidade (cada cinco anos) e outra de tipo especial (cando se detectan elementos danados que así o xustifican).

Estas revisións en profundidade incluirán actuacións especiais por danos detectados. A corrosión e as fisuras por elementos como a auga son algúns dos casos que provocan o maior número de arranxos. Ademais, haberá 10 que se realizarán con drons, 30 acuáticas e 24 subacuáticas, así como 85 con guindastres. Así mesmo, a Xunta licitará no verán un novo contrato, por uns 230.000 euros, para estender estas actuacións a muros de contención e noiros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019