CRTVG

Buscar

A Xunta reúnese cos representantes das asociacións galegas de venezolanos

Publicado o 13/03/2019 20:45

O presidente da Xunta, canda a conselleira de Política Social e o secretario xeral de Emigración, reuniuse hoxe cos representantes das asociacións galegas de venezolanos. Falaron das dificultades dos emigrantes que viven alá e tamén das que atopan aquí os retornados.

Unha das cuestións que máis lles preocupaban era a de equiparar as pensións dos que regresan, algo que xa solucionou o Banco de España, segundo asegura a Federación de Venezolanos. Agora piden axuda para axilizar a homologación dos títulos universitarios para que os que veñen a Galicia poidan atopar un emprego. A Xunta comprometeuse a trasladarlle esta demanda ao Goberno central.

 

Noticias web

13/03/2019