A Xunta reúnese cos hostaleiros coa ampliación de horarios sobre a mesa
O sector agarda que a finais de semana, coincidindo coa ponte de San Xosé, bares e restaurantes poidan ampliar o seu horario de apertura. Sspiran a que os bares poidan abrir ata as oito da tarde e os restaurantes ata as 9 e media da noite.
Os hostaleiros esperan con impaciencia a ampliación de horarios. A Xunta tamén confía en poder avanzar na desescalada e na súa man está a decisión que tomará despois de que o comité clínico que se reúna este martes.
Será despois desa reunión cando tamén decida se se amplía ata as 11 da noite o horario do toque de recollida en Galicia.
O sector da hostalería confía en que a situación siga mellorando e que para Semana Santa o horario dos bares poida ampliarse ata as 9 e media da noite e o dos restaurantes ata as dez e media.