CRTVG

Buscar

A Xunta reúne os axentes sociais para analizar a futura lei de reactivación económica

Publicado o 19/01/2021 15:26

Esta mañá, sindicatos, empresarios e Xunta analizaron conxuntamente a futura lei de reactivación económica, que actualmente se tramita no Parlamento. O Goberno autonómico quere promover con ela a recuperación do emprego.

Segundo o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, "esta lei introduce unha serie de medidas importantes para a axilización administrativa que vai permitir que o empresario teña un acompañamento ao longo de todo o ciclo do investimento por parte da administración, e que, ao mesmo tempo, haxa unha redución dos prazos".

 

Noticias web

19/01/2021