CRTVG

Buscar

A Xunta reúne a patronal e sindicatos na mesa polo diálogo social

Publicado o 18/02/2019 20:56

O Goberno galego reuniu esta tarde a patronal e sindicatos na mesa polo diálogo social, unha xuntanza á que declinou asistir a CIG. A Xunta aposta polo diálogo social para estimular a economía e crear emprego de calidade, e para impulsar un modelo produtivo, di, competititivo e sustentable, adaptado aos novos tempos.

Na reunión, as tres partes fixaron os temas que se deben tratar con prioridade, entre eles, a modernización das relacións laborais, as cláusulas sociais e a transformación tecnolóxica.


















 

Noticias web

18/02/2019