CRTVG

Buscar

A Xunta repartiu oito millóns de EPI entre persoal non sanitario

Publicado o 03/05/2020 11:05

Dende esta plataforma loxística situada en Arteixo distribúese o material de protección individual que reciben os concellos galegos, as residencias, os autónomos e as pequenas empresas.

A Xunta púxoa en funcionamento hai pouco máis dun mes. De visita nas instalacións, o vicepresidente, Alfonso Rueda, mostrouse satisfeito da eficiencia deste repartimento centralizado para abastecer de máscaras, luvas, batas, desinfectantes e outros equipamentos a entidades e particulares.

Alfonso Rueda gabou a colaboración altruísta da empresa téxtil Jevaso por ceder estas instalacións e a súa experiencia loxistica -subliñou- "de forma desinteresada".

O xerente de Jevaso, Jesús Vázquez, asegura: "Estamos acostumados a manexar cantidades moi grandes e resultábanos relativamente sinxelo. Cremos que tanto as persoas como as empresas tiñamos que contribuír para saír desta situación".

Segundo o vicepresidente da Xunta, nove de cada dez equipos de protección que saen deste centro foron adquiridos pola Administración autonómica.

 

 

 

Noticias web

03/05/2020