CRTVG

Buscar

A Xunta reparte 18.000 quilos de penso ás protectoras de animais

Publicado o 28/04/2020 15:51

Unha das preocupacións deste estado de alarma é garantir que haxa alimentos dabondo nas Asociacións de Protección e Defensa dos Animais.

A Xunta adquiriu máis de 18.000 quilos de penso para atender preto de 2.300 animais nas 15 instalacións deste tipo que hai en Galicia, que se están enfrontando ao aumento da estadía dos animais.

Ao SOS das Protectoras de Animais responderon tamén moitos cidadáns que, a través de doazóns particulares, tentan paliar o descenso da recadación.

 

 

Noticias web

28/04/2020