CRTVG

Buscar

A Xunta investirá o superávit en sanidade e educación

Publicado o 25/04/2019 20:13

O Goberno galego aproba un mecanismo para reinvestir o superávit en sanidade e educación.
Vai destinar 130 millóns a reforzar a Atención Primaria e facer obras en centros educativos. O presidente asegura que Galicia non pode agardar a que o Goberno central se decida a resolver esta cuestión.

Grazas a esa lei, explica Feijóo, a Xunta disporá entre este ano e o que vén de 130 millóns de euros, dos que 96 irán para actuacións que consideran prioritarias nos servizos públicos, como aumentar o persoal de Atención Primaria, ambulancias, modernizar centros educativos ou melloras nas residencias de maiores.

O presidente defende que Galicia cumpriu coas regras de gasto e non pode agardar máis pola resposta do Goberno central, de aí a aprobación deste mecanismo que van remitir de xeito inmediato ao Parlamento para poñelo en marcha o antes posible.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/04/2019