CRTVG

Buscar

A Xunta reforza as axudas para os menores vítimas de abusos sexuais

Publicado o 13/07/2019 12:40
A Xunta reforza as axudas para os menores vítimas de abusos sexuais

A Xunta de Galicia, a través dun convenio entre a consellería de Política Social e a Fundación Meniños, reforza as súas actuacións fronte os abusos sexuais exercidos contra nenas, nenos e adolescentes ao garantir a continuidade dos servizos de apoio a estas vítimas. A Consellería de Política Social, indica nun comunicado, destina este ano 65.000 euros ao desenvolvemento deste programa co que se prevé atender aproximadamente 100 casos.

A través deste programa un equipo formado por profesionais dos campos da psicoloxía, educadores sociais e traballadores sociais interveñen ante situacións de violencia sexual, co propósito de proporcionar seguridade e prevención ante posibles novas situacións traumáticas. Con este obxectivo realizan tarefas de acompañamento do pequeno e tamén se ocupan de formar aos familiares non agresores e as principais persoas responsables do seu coidado na adquisición de estratexias e habilidades que lles permitan afrontar as consecuencias do abuso. O campo de intervención inclúe tamén aos profesionais que traballan na contorna dos menores, entre eles, o profesorado. O programa contempla ademais o seguimento posterior de todos os casos sobre os que se interveu, como mínimo aos tres, seis e nove meses desde a finalización da intervención.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí