CRTVG

Buscar

A Xunta reforza a educación secundaria con 847 profesores

Publicado o 16/09/2020 21:33

Incorpórase a recomendación de que as máscaras cumpran as normativa UNE correspondentes, a posibilidade para a formación semipresencial para bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial e autorización para a redución de distancia de seguridade física menor a 1,5 metros coa utilización simultánea de pantallas e a actualización dalgunhas ocupacións que contemplaban previamente.

Sobre esta batería de últimas medidas, avaladas polo comité clínico, explicou o conselleiro de Educación Román Rodríguez que "sanitariamente é unha medida que posibilita desenvolver o curso con garantías".

Os responsables de ambas as consellerías explicaron que a incorporación deste profesorado será inmediato e obedece a 260 profesionais polo incremento da oferta e 847 máis para poder aplicar  as medidas de seguridade necesarias para a covid-19 na ESO, bacharelato e FP. Isto dá un total de 1.107 profesores novos.

Esta decisión, sumada ao reforzo do sistema en infantil e primaria con 240 profesores para atender as necesidades que xurdan dada a situación sanitaria e aos 543 que se sumaron ao amparo da iniciativa ARCO.

En total, Galicia contará con 1.890 novos profesores respecto a os previstos para o curso 2020/2021, o que supón un incremento do 6,2 por cento no persoal docente, explicou o titular de Educación

Os comedores escolares funcionarán cun novo protocolo

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, presentou este mércores o novo protocolo de prevención da covid-19 nos comedores dos centros educativos non universitarios, co que, dixo, búscase reforzar a seguridade sanitaria na prestación do servizo á vez que ofrecer seguridade xurídica ás entidades que xestionan este servizo.

O documento foi aprobado este mércores polo comité clínico que asesora á Xunta e que, segundo destacou o responsable de Educación, conta coas achegas de asociacións de nais e pais. Entre as principais liñas destaca a limitación da ocupacion co obxectivo de garantir a separación de polo menos metro e medio de distancia sentados en diagonal, aínda que o alumnado que conforma grupos estables de convivencia poderá comer agrupado sen gardar distancia.

No protocolo tamén se contempla a posibilidade de incrementar o número de quendas de comedor, de empregar outros espazos ou de instalar biombos cando non sexa posible garantir a distancia de seguridade.

En canto aos alumnos, será obrigatorio o uso de máscara excepto no momento específico da alimentación, así como ocupar un sitio fixo no comedor e rexistrar o lugar que ocupa cada un co fin de facilitar a localización de contactos en caso de posibles gromos. De igual forma, o persoal laboral tamén deberá empregar máscara de protección en todo momento e realizar o cuestionario de autoavaliación da covid-19 antes de iniciar cada xornada. 

 

Noticias web

16/09/2020