A Xunta acusa o Goberno "forzar un consenso" que non foi tal para Semana Santa
A Xunta recrimínalle ao Ministerio de Sanidade que forzou un consenso entre as comunidades, pero que en realidade hai posturas moi diferenciadas. Galicia, por exemplo, considera que é demasiado cedo para pechar un paquete de medidas, porque de aquí á Semana Santa pode cambiar moito a situación epidemiolóxica. Ou está caso de Madrid, que se opón a pechar perimetralmente a comunidade.
A Consellería de Sanidade xa anunciou que elevará unha queixa formal polo procedemento que se seguiu para acordar o plan. E o conselleiro lembra que todas esas medidas aínda teñen que ser ratificadas a próxima semana.
"Forzouse unha votación que non nos parece necesaria. E Galicia votou en contra ou incluso se abstivo nalgún punto. O ministerio non pode concluír que hai un consenso entre as comunidades autónomas porque non é certo. E ademais non é o procedemento", asegurou Comesaña.