CRTVG

Buscar

A Xunta recórdalle a Ferroatlántica que ten que manter a actividade industrial se quere as concesións hidraúlicas

Publicado o 04/06/2019 14:48

Ferroatlántica aínda non comunicou formalmente a operación á Xunta de Galicia, que ten que dar o seu visto e prace.

Esta mañá, o conselleiro de Economía insistía en que concesión hidraúlica vai vencellada ao mantemento da actividade nas dúas fábricas.

"Ferroatlántica deberá seguir cumprindo taxativamente os condicionantes das concesións hidráulicas e, polo tanto, terá que garantir a actividade industrial. Esa é a nosa posición, o noso obxectivo. Coñéceno a empresa e os traballadores. Polo tanto, a Xunta de Galicia actuará como ten feito ata o de agora, defendendo esa actividade industrial, ese emprego", declarou aos medios Francisco Conde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019