CRTVG

Buscar

A Xunta reclámalle por carta ao Goberno a transferencia de 700 millóns de euros

Publicado o 20/07/2019 17:05
A Xunta reclámalle por carta ao Goberno a transferencia de 700 millóns de euros

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, enviou unha carta á ministra de Facenda, María Jesús Montero, na que lle trasladou a "urxente necesidade" de que o Goberno central adopte as medidas necesarias para transferir a Galicia os 700 millóns de euros que lle debe á Comunidade.   No seu escrito, segundo recolle a Xunta nun comunicado, o titular de Facenda destaca en primeiro lugar que se trata dunha situación "sen precedentes" na historia do financiamento autonómico.   Así, detalla que dos 700 millóns que cifra o Goberno galego que o Estado debe á rexión, 330 millóns correspóndense coa actualización das entregas a conta, mentres que outros 200 millóns coa mensualidade do IVE do ano 2017. Neste sentido, estes 530 millóns "xa están incluídos no vixente orzamento da Xunta para 2019".   "Estes recursos contan con respaldo legal e necesitámolos con urxencia para atender asuntos prioritarios en materia de servizos públicos, como Sanidade, Ensino ou Servizos Sociais", subliña o conselleiro na súa carta á ministra

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/07/2019