CRTVG

Buscar

A Xunta reclámalle 700 millóns ao Goberno central

Publicado o 11/07/2019 15:54

As cantidades que a Xunta ten pendentes de recibir este ano, segundo explica Feijóo, son estas: 330 millóns da actualización das entregas á conta deste exercicio, 200 millóns da devolución da mensualidade do IVE do 2017 e 170 millóns do incentivo ás comunidades cumpridoras. En total, 700 millóns dos que máis da metade, di o presidente, están incluídos nos orzamentos galegos deste ano.

A Xunta, explicou Feijóo, está tirando de liñas de crédito para facer fronte aos pagamentos e pídelle a Madrid que habilite unha fórmula para poder actualizar as entregas mentres non hai goberno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019