A Xunta reclama que Fomento poña freo á suba das peaxes
Publicado o 27/12/2019 14:53
O Goberno galego reclama ao Ministerio de Fomento que non incremente por terceiro ano consecutivo o prezo das peaxes da AP-9.
Esta mañá, no remate das obras da senda Vilaseca-Lapamán, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, pediu que acepten unha proposta "realista e viable" que evite a suba.