A Xunta realizará tests de detección da covid-19 aos axentes da Policía Autonómica
Publicado o 10/07/2020 14:52
A Xunta realizará tests de detección da covid-19 aos axentes da Policía Autonómica. O vicepresidente da Xunta e o conselleiro de Sanidade asinaron un protocolo de actuación que incluirá estudos epidemiolóxicos entre as forzas de seguridade e contidos formativos sobre as medidas de hixiene, prevención e control.
Nestes protocolos sinálase que os axentes deben extremar as medidas de illamento social e restrinxir os contactos ao mínimo imprescindible.