CRTVG

Buscar

A Xunta convocará 1.161 prazas da Administración Xeral no primeiro semestre de 2020

Publicado o 24/10/2019 18:25
A Xunta convocará 1.161 prazas da Administración Xeral no primeiro semestre de 2020

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, avanzou que esta semana remitirá aos sindicatos as convocatorias para cubrir 1.161 prazas en diversas categorías da Administración Xeral, unhas oposicións "moi esperadas" cuxos exames terán lugar no primeiro semestre de 2020. 

Na súa comparecencia parlamentaria para informar as contas da Xunta de 2020, Valeriano Martínez sinalou que estas oposicións están enfocadas tanto para "estabilizar" postos de interinos como para o acceso ao emprego de "mozos".  

A repartición das 1.161 prazas é o seguinte: 239 son para o corpo superior A1; 222, do corpo de xestión; 291, do corpo administrativo C1; e 409 son de auxiliar administrativo C2.  A estas súmanse as 591 prazas de emprego social -asistentes sociais e educadores, entre outros-, xa anunciadas en setembro, que se convocarán "nos próximos días".   

Diso informou nun debate parlamentario no que a oposición criticou que a Xunta aposte pola "política fiscal para ricos" en 2020, á vez que denuncia falta de recursos para gasto social.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/10/2019