CRTVG

Buscar

A Xunta reactiva a asistencia sanitaria na atención primaria

Publicado o 08/05/2020 15:23
A Xunta reactiva a asistencia sanitaria na atención primaria

A Xunta presentou un plan que reactiva e reformula a atención primaria nos centros de saúde e puntos de atención continuada. Farase en varias fases coa adopción de distintas medidas para garantir a protección tanto dos usuarios como dos profesionais sanitarios.

O Consello da Xunta aprobou hoxe este plan, que, segundo explicou o presidente da Xunta na rolda de prensa posterior, apoiará neste nivel asistencial, a detección precoz do coronavirus para tentar evitar rebrotes. 

Entre as modificacións aprobadas, está realizar, nos centros de saúde que teñan suficiente espazo, dous circuitos diferenciados: por unha banda estarán os pacientes xerais e pola outra os casos sospeitosos de coronavirus. No caso de que as instalacións non sexan o suficientemente amplas poderíase derivar aos pacientes de COVID-19 ou sospeitosos a outro centro de saúde da comarca, que concentraría este tipo de atención.

Outra das novidades é que en virtude deste plan os médicos de familia terán capacidade para solicitar a realización de probas PCR en casos sospeitosos.