CRTVG

Buscar

A Xunta reabrirá os centros de día para maiores a partir do 15 de xullo

Publicado o 02/07/2020 15:17
A Xunta reabrirá os centros de día para maiores a partir do 15 de xullo

A Xunta autorizará a reapertura dos centros de día de maiores a partir do 15 de xullo.

A decisión, segundo informa o Goberno galego, tómase unha vez que o persoal dos centros está a piques de rematar os cursos de formación para garantir a seguridade do servizo.

Poderán abrir sempre e cando cumpran o protocolo contra o coronavirus aprobado por Sanidade.

A Xunta rectifica así o prazo de apertura dos centros, que anunciara para o próximo mes de setembro. Galicia é a única comunidade en que permanecen pechados.


 

Noticias web

02/07/2020