CRTVG

Buscar

A Xunta quere ter antes de verán un diagnóstico da situación das residencias de maiores

Publicado o 16/03/2021 15:12

A Xunta quere ter antes de verán un diagnóstico claro da situación das residencias de maiores en Galicia para poder afrontar a reforma no sistema. 

A conselleira de Política Social mantén que este é un dos grandes retos da lexislatura e que ser consensuado. Hoxe houbo xuntanza do comité asesor sociosanitario. Van seguir avanzando nun modelo que dea resposta ás debilidades que demostrou o sistema durante a pandemia. Crerán tres grupos traballo que se centrarán na mellora da coordinación sociosanitaria, a posta da tecnoloxía ao servizo da atención ás persoas maiores e as reformas estruturais necesarias para optimizar a atención nos centros.

Noticias web

16/03/2021