CRTVG

Buscar

A Xunta quere que teñan dereito a axudas as empresas con ata un 45 % menos de facturación

Publicado o 27/04/2021 15:56

Os concellos galegos van recibir case oito millóns de euros para contratar persoas que reciben a renda mínima, a chamada Risga. Esta nova liña de axudas do Goberno galego súmase a outro dos programas dirixidos a obras ou servizos no rural para os que a Xunta destina en total máis de 16 millóns de euros.

Sobre outras axudas, o terceiro paquete de rescate os sectores afectados pola covid, falou a conselleira de Emprego. Lorenzana quere que se inclúan máis sectores e que beneficien a empresas con perdas de ata un 45 por cento. A Consellería de Emprego pide abir a man para incluír máis sectores produtivos.

"O criterio que ten a consellería é abrilo ao máximo de sectores posibles, e polo tanto ter en conta unha baixada de facturación de máis do 45 por cento, que implica que a empresa, con diferenza da actividade á que se dedique, está afectada polos efectos da pandemia para non deixar ninguén atrás", asegurou a conselleira.

Noticias web

27/04/2021