CRTVG

Buscar

A Xunta quere poñer en marcha unha plataforma dixital de comercialización de turismo rural

Publicado o 17/10/2020 17:35

Aposta da Xunta de Galicia polo turismo. En concreto polo turismo rural. O goberno galego quere poñer en marcha unha plataforma dixital de comercialización deste tipo de reservas. Unha nova ferramenta, presentada hoxe, que permite un contacto rápido e directo entre os viaxeiros e os propietarios dos establecementos.

A día de hoxe xa se pode reservar en máis de 120 establecementos a través desta plataforma, creada en colaboración coa Federación Galega de Turismo Rural. O vicepresidente da Xunta apuntou ao outono como unha boa oportunidade para que os viaxeiros se acheguen a estes aloxamentos, respectando sempre as medidas sanitarias.

 

Noticias web

17/10/2020