A Xunta quere impulsar a Ribeira Sacra co máximo rigor e calidade
Publicado o 23/10/2021 19:49

A Ribeira Sacra comeza unha nova fase na súa candidatura a Patrimonio Mundial. O conselleiro de Cultura e representantes do Ministerio de Cultura reuníronse por videoconferencia con Icomos para seguir avanzando no futuro deste territorio e impulsar a candidatura co máximo rigor e calidade.
O Goberno galego vai ampliar o equipo técnico da candidatura con novos perfís e intensificar o contacto coas administracións implicadas e a poboación local.