CRTVG

Buscar

A Xunta quere coordinarse co Estado para ampliar a protección aos bens mobles do pazo de Meirás

Publicado o 07/05/2021 15:20

A Xunta proponlle ao Goberno central un convenio para reforzar a protección do pazo de Meirás. O obxectivo é ampliar a declaración de Ben de Interese Cultural aos mobles do recinto para protexer os valores culturais que alberga.

O executivo galego quere que as dúas administracións se coordinen para defender o patrimonio. Traslada así o acordo unánime do Parlamento de Galicia, que insta a protexer os bens do pazo. O Conselleiro de Cultura di que este convenio dá certeza xurídica porque lle corresponde ao Estado iniciar a declaración BIC.