A Xunta quere convocar todas as prazas vacantes do Sergas
Publicado o 08/02/2020 11:12
A Xunta quere convocar unha macrooferta pública de emprego na sanidade. Feijóo pídelle ao Goberno que lle deixe sacar todas as prazas vacantes que hai no Sergas.
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia: "Nós queremos sacar a oferta pública de emprego neste mes de febreiro ou marzo. A maior oferta pública de emprego que nunca sacou o servizo galego de saúde e, para iso, mecesitamos que nos autorice o Goberno central e non nos limite coa taxa de reposición. Esperemos, dado que todos queremos defender a sanidade pública que todos aqueles que realmente defenden a sanidade pública non nos impidan contratar a máis xente con carácter estable".