CRTVG

Buscar

A Xunta quere celebrar o Día da Muller en Meirás coa entrega das Medallas Pardo Bazán

Publicado o 28/02/2021 13:49

A Xunta pídelle ó Goberno usar os xardíns do pazo de Meirás o 8 de marzo para a cerimonia das Medallas Emilia Pardo Bazán co gallo do Día Internacional da Muller.

Sería o primeiro acto institucional no pazo tras a súa recuperación. O Goberno galego considera que o espazo é o máis acaído polo seu simbolismo. Polo simbolismo e tamén pola vinculación coa escritora Emilio Pardo Bazán, que dá nome a estes galardóns creados pola Xunta en 2019 para recoñecer os traballos a prol da igualdade entre homes e mulleres.

As medallas deste ano son para a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, para a Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo e, a título póstumo, a Megumi Shiozawa, quen presidiu a Casa Galicia Xapón.

Noticias web

28/02/2021