CRTVG

Buscar

A Xunta publica un plan de reforzo académico para a volta ás aulas

Publicado o 30/07/2020 21:15

Xa coñeciamos as medidas sanitarias para o regreso ás aulas en setembro. Agora a Xunta acaba de publicar as instrucións académicas coas que pretenden que os alumnos recuperen as materias pendentes do curso anterior, marcado polo confinamento. 

Unha das medidas máis destacadas é que se poderán agrupar materias por áreas de coñecemento en primeiro da ESO, para que o teñan un pouco máis doado os alumnos que pasan ao ensino secundario.

Cada centro será o que deseñe o seu propio modelo de agrupación de materias, e os contidos agrupados impartiranse de forma global.

Ademais, en todos os niveis de ensino cada alumno contará cun plan de reforzo individualizado para garantir a continuidade da aprendizaxe, que se estenderá polo menos ao longo dos tres primeiros meses do curso.

Para facilitar a aplicación destas medidas, os centros contarán con profesores de apoio, que se sumarán aos profesores necesarios para desdobrar os grupos. 

 

 

Noticias web

30/07/2020