CRTVG

Buscar

A Xunta propón unha lei de incentivos fiscais para o sector agrogandeiro

Publicado o 11/02/2020 15:35

O conselleiro do Medio Rural pedirá cambios lexislativos para frear os baixos prezos dos produtos do campo Será mañá, na xuntanza convocada en Madrid polo ministro de Agricultura coas comunidades autónomas. Galicia proporá traballar nunha lei estatal de incentivos fiscais para a actividade agrogandeira. Tamén pedirá modificar a lexislación en materia de competencia desleal. O obxectivo, conseguir rendas dignas para agricultores e gandeiros.

José González, conselleiro do Medio Rural: "Unha mellora da rendibilidade dos noso agricultores e gandeiros, defendendo que a formación de prezos se faga a partir dos custos de produción máis a marxe dos beneficios. E mellora da rendibilidade das súas explotacións defendendo tamén unha discriminación positiva, unha mellora na tributacións destes agricultores, gandeiros e silvicultores".

Noticias web

11/02/2020