CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A Xunta propón unha ampliación do Clínico de 15.000 metros cadrados

Publicado o 03/05/2017 15:03

O conselleiro de Sanidade presentoulle aos profesionais a proposta de ampliación do Hospital Clínico de Santiago. Jesús Vázquez Almuíña agarda que o proxecto definitivo estea redactado no prazo dun ano.

A Xunta propón dúas ampliacións: unha na parte de consultas externas e outra na zona de hospitalización. En total son 15.000 metros cadrados nos que se pode construír segundo as necesidades. O orzamento inicial previsto supera os 20 millóns de euros.

O conselleiro de Sanidade presentoulle aos profesionais sanitarios a proposta da Xunta para elaborar un proxecto conxunto definitivo no prazo dun ano. A ampliación enmárcase dentro do programa de reorganización dos servizos hospitalarios composteláns por mor a construción da nova Facultade de Medicina no actual edificio do Xil Casares.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí