A Xunta propón sancionar con dous millóns a Endesa polo episodio de turbidez no Eume
Publicado o 21/09/2021 16:41
A Xunta propón unha sanción de case 2 millóns de euros a Endesa pola situación de emerxencia declarada no río Eume hai un ano. A turbidez do río deixou sen auga potable o concello de Pontedeume durante dez días.
A conselleira de Infraestruturas responsabiliza a Endesa da vertedura e advirte as empresas eléctricas que as infraccións se pagan, en referencia ao baleirado de encoros deste verán coincidindo co pico máximo do prezo da luz.
"Queda acreditado que Endesa incumpriu as normas de explotación, non atendeu os requirimentos de Augas de Galicia e polo tanto esas accións non poden quedar impunes", di Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas.