CRTVG

Buscar

A Xunta propón descontos na AP-9 de ata o 60 por cento

Publicado o 19/02/2021 15:02

A Xunta de Galicia quere que se executen os 50 millóns de euros consignados nos orzamentos xerais do Estado para aplicar rebaixas nas peaxes da Autoestrada do Atántico. O Goberno central amósase partidario de elaborar un "decreto ben atado" e, polo momento, non concreta prazos para os descontos. 

O executivo galego propón a gratuidade da viaxe de volta para turismos, que tamén terían un 25 % de desconto na ida se é no mesmo día, acadando unha redución da peaxe do 62,5 %. No caso dos vehículos pesados, o desconto sería do 60 por cento, todos os días da semana.

Segundo explica a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ehtel Vázquez, trátase dunha "proposta apoiada por cálculos técnicos, que parte do coñecemento que temos do territorio e dos usuarios da AP-9. É a proposta que ten que materializar o Goberno para que gañen os galegos e non supoña un incremento da conta de resultados de Audasa".

A petición chega en pleno proceso pola transferencia da AP-9 a Galicia, que tamén reivindican dende o BNG como un logro propio dos nacionalistas a cambio da investidura de Sánchez como presidente.

Noticias web

19/02/2021