A Xunta prevé rematar este mes as obras da autovía Vilalba-Ferrol
A Xunta prevé finalizar este mes as obras na autovía Ferrol-Vilalba. Os traballos de mellora do firme intensifícanse esta semana para aproveitar o bo tempo.
Despois de 11 anos de servizo, esta tramo da autovía Vilalba Ferrol precisaba mantemento. O intenso tráfico pesado, a chuvia e o terreo arxiloso fixeron necesarias estas obras de mellora nun tramos de 13 quilómetros entre o enlace de Cabreiros e a autovía do Cantábrico.
No carril dirección Vilalba a rehabilitación rematou en outono, mentres que no se dirixe a Ferrol as apisonadoras compactan a última capa de asfalto aproveitando que o tempo axuda. A Xunta prevé finalizar este mes as obras na autovía Ferrol-Vilalba. Os traballos de mellora do firme intensifícanse esta semana para aproveitar o bo tempo.
Cun orzamento de 1.3 millóns de euros, o obxectivo das obras é mellorar o comodidade e a seguridade dos 5000 usuarios que cada día percorren esta autovía.