CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A Xunta prevé que Galicia medre un 0,8% en 2014 e que o paro se sitúe no 21,7%

Publicado o 14/10/2013 21:04

O goberno galego presentoulle os presupostos aos axentes sociais. Os empresarios di que son positivos, os sindicatos di que non sacarán a Galicia da crise

A Consellería de Facenda mellora as previsións económicas coas que traballaba cando se aprobou o teito de gasto para o ano que vén. Galicia medrará, segundo esta nova estimación, un 0,8% en 2014. A taxa de desemprego será do 21,7%. Explicouno Helena Muñoz despois de reunirse cos sindicatos e coa patronal para falar dos presupostos para 2014.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

14/10/2013