A Xunta prevé que as obras da fase inicial do novo CHUAC rematen o vindeiro verán
Publicado o 05/10/2021 21:22
A Xunta prevé que as obras da fase inicial do novo hospital da Coruña estean rematadas o vindeiro verán. Confirmouno Alberto Núñez Feijóo nunha visita esta tarde ás instalacións que acollerán o hospital de día, unha ampliación de urxencias e novas unidades de UCI e hospitalización con 36 camas máis.
Nesta primeira fase investiranse 13 millóns de euros. O custo total do novo hospital é de 431 millóns e aumentará a superficie actual nun 67 %.