CRTVG

Buscar

O plan enerxético da Xunta prevé crear uns 36.000 postos de traballo ata 2020

Publicado o 08/03/2018 15:34

A Xunta vai poñer en marcha nos próximos dous anos unhas directrices enerxéticas para mellorar a eficiencia e reducir os custos. 

O obxectivo deste plan é que os cidadáns paguen menos pola enerxía, mellorar a calidade da subministración e facer máis competitivo o tecido empresarial apostando pola eficiencia e as renovables.

A Xunta prevé que se mobilizarán máis de 3.100 millóns de euros, 300 de fondos públicos e o resto de investimento privado.

Nos diferentes proxectos que van poñer en marcha para impulsar as renovables ou reducir a dependencia enerxética, a Xunta calcula que se poidan crear, de aquí a 2020, máis de 12.000 empregos ao ano.

Illas Atlánticas

No Consello da Xunta tamén se falou hoxe da candidatura das Illas Cíes-Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade. O conselleiro de Cultura informou da xuntanza que mantivo onte en París con representantes da Unesco, que lle confirmaron que a candidatura galega superou a fase de competición internacional e que xa está na listaxe que elabora cada ano este organismo para nomear os novos patrimonios da humanidade.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/03/2018