CRTVG

Buscar

A Xunta prevé comezar no 2019 a construción de 1.600 vivendas en Navia

Publicado o 16/04/2018 21:06

A Xunta prevé comezar o ano que vén a ampliación do barrio vigués de San Paio de Navia, onde se van construír preto de 1.600 vivendas protexidas. Na presentación do proxecto Alberto Núñez Feijóo dixo que será a maior oportunidade para mercar un inmoble nos próximos anos e destacou a repercusión que terán tamén as obras no sector da construción.

O proxecto de ampliación inclúe a contrución de 1.600 vivendas, 165 delas unifamiliares, 4.600 prazas de aparcadoiro e zonas e comerciais para dar servizo a 5.000 novos veciños.

A Xunta prevé comezar as obras no 2019 e rematalas no 2021. Feijóo explicou que van investir 50 millóns en completar este barrio, que naceu hai 20 anos, e que calculan que se van mobilizar 250 millóns nas obras desta segunda fase.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018