CRTVG

Buscar

A Xunta prevé comezar a vacinar maiores de 80 anos dentro de 15 días

Publicado o 01/02/2021 14:30

O presidente da Xunta di que esta semana é crucial para ver se as restricións dan resultado ou cómpren medidas adicionais e mesmo hospitais de campaña.

"Esta semana vai ser moi importante para avaliar de forma máis integral a evolución da pandemia. Imos ter xa as consecuencias das últimas decisións que tomamos. Só levamos cinco días dende o 26 de xaneiro".  

Repite decote Alberto Núñez Feijóo que se houbese máis vacinas Galicia podería poñer cen mil ao día. Coas que hai, o plan é comezar a mediados deste mes cos maiores de 80 anos de idade.

"Empezaremos xa de acordo co protocolo que asinemos todos os servizos de saúde (de España) e entendo que lles toca aos maiores de 80 anos. Esa é a proposta do Goberno galego e agardo que a maioría das comunidades e o ministerio coincidamos, porque cremos que é o que toca".

O comité clínico reúnese mañá para planificar novos cribados e estudar a evolución dos contaxios e da presión hospitalaria.

Noticias web

01/02/2021