A Xunta presuposta en 9 millóns a variante de Ribeira
Publicado o 07/02/2020 15:08
Sae publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia o proxecto da variante de Ribeira, unha infraestrutura demandada dende hai anos polos veciños para paliar os problemas de tráfico rodado no centro da vila.
A obra da variante, que terá un percorrido de 3 quilómetros, vaise executar en dúas fases e conta cun presuposto total de 9 millóns de euros.
A partir do luns e ata o 24 de abril ábrese o período de información pública para quen queira facer achegas ou alegacións ao proxecto.