CRTVG

Buscar

A Xunta presenta unha guía de saúde laboral fronte ao coronavirus

Publicado o 13/04/2020 20:37
A Xunta presenta unha guía de saúde laboral fronte ao coronavirus

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral editou unha guía con recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presentoulles este documento a representantes de AJE Galicia e das súas principais delegacións, nun encontro que coincide coa volta ao traballo de sectores non esenciais.

Segundo explica a Xunta, as recomendacións permiten compatibilizar a seguridade laboral das persoas coa actividade económica.

Podes consultar a guía aquí.