CRTVG

Buscar

A Xunta presenta o Xacobeo 2021 como unha grande oportunidade para as empresas

Publicado o 08/04/2019 21:14

A Xunta quere presentar o Xacobeo do 2021 tamén como unha grande oportunidade para a empresa galega. Así polo menos o transmitiu o conselleiro de Cultura hoxe en Vigo, no Círculo de Empresarios de Galicia.

Román Rodríguez salientou que van incentivar a participación do tecido empresarial cos máximos beneficios fiscais previstos pola lei. O conselleiro tamén subliñou a grande oportunidade que representa o Xacobeo, xa que se prevé que o número de turistas se pode incrementar en máis dun millón.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/04/2019