CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

A Xunta presenta no Uruguai o plan 'Retorna 2020' para o regreso de galegos e descendentes

Publicado o 06/05/2018 14:41

O plan do goberno galego Retorna 2020 foi presentado esta fin de semana no Uruguai por unha delegación da Xunta, encabezada polo titular da Consellería de Cultura, Román Rodríguez. O programa pretende axudar a retornar aos galegos residentes no exterior e aos seus descendentes. Conta cunha liña de axudas nos ámbitos da familia, a educación e o emprego.

A Xunta invitou a retornar á súa terra de orixe aos 30.000 galegos que residen no Uruguai.

Alí, en Montevideo, unha delegación do goberno autonómico, encabezada polo titular da Consellería de Cultura, xunto co secretario xeral de Emigración, presentou o plan Retorna 2020. Xa o fixera un día antes na Arxentina.

Con este programa queren facilitar o regreso de galegos residentes no exterior, dos seus fillos e netos.

"Trátase de dar oportunidades e de favorecer que aquelas persoas que libremente desexen volver poidan retornar a Galicia nas mellores condicións posibles"

Este plan inclúe máis de cincuenta medidas transversais.

"O noso presidente cando asumiu a nova lexislatura, no seu discurso de investidura un dos piares fundamentais de traballo era acadar que todos os galegos que estaban no exterior e quixeran volver a Galicia puidesen facelo e poñer todos os medios desde o goberno galego para facilitar e conseguir iso"

O programa conta cunha liña de axudas para familias con nenos pequenos, bolsas no ámbito da educación, que permiten a estudantes ultimar a súa formación nalgunha das universidades galegas, axudas para o emprego e apoio á creación de empresas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí