A Xunta presenta a Lei de acción exterior para favorecer o retorno de inmigrantes
Publicado o 18/07/2019 15:01
A filosofía da lei é mellorar a imaxe de Galicia no mundo e aproveitar ao máximo o noso potencial. As medidas concretas son facilitar o retorno do emigrantes, impulsar a relación con Portugal, realizando, por exemplo, intercambios de empregados públicos entre Galicia e o país luso; aumentar a axuda galega en emerxencias internacionais e avanzar na internacionalización das nosas empresas ao tempo que se atrae talento.
Feijóo explicou que o texto do proxecto da lei, que sae agora a exposición pública, vai ser consensuado co Goberno central.